Urgorri: "Todo vai directamente ao mar"
Extracto da entrevista feita por Nicolás Vidal e publicada no suplemento Nordesía de Diario de Ferrol (21/01/2007).
Victoriano Urgorri, catedrático de Zooloxía da Universidade de Santiago e director da Estación de Bioloxía Mariña da Graña:
"¿E que Galicia, con seus 1.700 quilómetros de costa, non ten suficientes lugares para ubicar unha piscifactoría? ¿Ou será que non hai suficiente calidade de auga noutros sitios, que ten que ir a eses espazos protexidos de Rede Natura? (...) Unha granxa de rodaballos é igual ca un galiñeiro, as galiñas cagan e o granxeiro ten que retirar esa merda e levala a unha esterqueira: nas granxas de rodaballo todo vai directamente ao mar".
2 comentarios:
Ánimo com a luita!!
Há cousas que nom mudarom na Junta aínda depois de ter mudado o goberno.
Nom deixemos que arruinem a nossa costa.
Que siga a loita. Non se pode consintir iso. Que pasa? É mellor Touriñán? Se é rede natura punto final. Todos os lugares de rede natura deben ser iguais. Eu gosto máis de Ponzos que de Touriñán por exemplo.
Publicar un comentario