O Goberno contesta ao BNG no Congreso sobre as piscifactorías en proxecto
De http://www.bng-galiza.org
A Direción Xeral de Costas informa ao BNG que ten pendentes de informe 9 proxectos de parques de acuicultura, todos eles no litoral coruñés. Francisco Rodríguez preguntaba polo proxecto de planta de engorde de rodaballo en Ponzos, en Cobas (Ferrol), e o Goberno dí que “este tipo de instalacións non deben ubicarse en terreos da Rede Natura”
O deputado do BNG dirixíase ao Goberno para coñecer cantos proxectos de parques de acuicultura están pendentes de informe por parte deste organismo e onde están ubicados. Asemade, preguntaba en concreto polo proxecto de planta de engorde de rodaballo na costa próxima á praia de Ponzos, en Cobas (Ferrol), lugar situado dentro da costa Ártabra que é un lugar de interese comunitario. Rodríguez quería saber cal é a opinión do Ministerio respeito da instalación desta planta en terreos de dominio público marítimo-terrestre.
A Direción de Costas explica en primeiro termo a súa opinión sobre o proxecto a ubicar en Ponzos, sinalando que está analisando o Plano de Organización Territorial dos parques de tecnoloxíla alimentaria no litoral de Galiza, entre os que está o citado de Cobas. Pero deixa claro que o Ministerio de Medio Ambiente “considera, con carácter xeral, que este tipo de instalacións non deben ubicarse en terreos incluidos na Rede Natura”. A zona mencionada está dentro da costa incluída na Rede Natura 2000 “Costa Ártabra”.
O Ministerio enumera os 9 proxectos pedentes de informe que achegamos na resposta do Goberno. Estarían situados en Muros, Ortigueira, Cariño, Porto do Son, Oleiros, Cabana, Muros, Malpica e Boiro.
2 comentarios:
Grazas polo enlace, nos tamen vos enlazamos. Estamos con vós
hay que dejar PONZOS tal como es, ése lugar es mágico, tiene algo que conquista a todos que la visite. No es posible describir con palabras lo bonita que es y como se suele decir: vale mas una imagen que mil palabras.
Publicar un comentario