Unha granxa piscícola ameaza o Val de Ponzos (INTEGRADO NA REDE NATURA 2000)
De Vieiros (31/01/2007)
Pouco despois de publicarse o primeiro avance do que será o novo Plan Galego de Acuicultura, grupos ecoloxistas de Ferrolterra xa advertiron de que se introduciran localizacións protexidas entre os espazos destinados ás granxas piscícolas. Un deles é o contorno de Ponzos, un treito de costa de vizosa biodiversidade.
O Lugar de Interese Comunitario (LIC) da Costa Ártabra repártese polos concellos costeiros de Ares, Mugardos, Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Cariño e Ortigueira. Trátase dun treito de costa moi variado en canto a ecosistemas se refire, albergando areais, cantís, zonas húmidas, pequenas illas e mesmo serras, e que conforman un espazo único integrado dentro da Rede Natura 2000.
No hay comentarios:
Publicar un comentario