31 ene 2007

Ponzos, o posibel impacto dunha piscifactoría nunha praia emblemática

Publicado por Xosé Ramil en http://arrabaldes.blogspot.com/


Parece que as informacións todavía son confusas, pero hai por aí un proxecto que pretende a construcción dunha piscifactoría en Ponzos, unhas das praias mellor conservadas na bisbarra de Ferrol. A piscifactoría ocuparía un total de 390.000 metros cadrados (maior que o proxecto de Cabo Touriñán).

Algúns veciños e veciñas xa comezaron a preparar a sua resistencia por si o proxecto se confirmase: http://salvarponzos.blogspot.com/ Tamén as organizacións ADEGA, a Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia e a agrupación local de Esquerda Unida xa se mostraron totalmente en contra da piscifactoria.

Compre estar en alerta, sobre todo cando ven de demostrarse o pouco emprego que xeran as piscifactorías. Segundo ADEGA, os 270 empregos do total das instalacións de rodaballo en toda Galiza contrasta coas máis de 13.000 persoas que traballan no cultivo do mexillón e aposta pola creación emprego na pesca tradicional, marisqueo e acuicultura a flote.En fin, o debate dende logo e complicado porque as piscifactorías tamén poden constituir un modelo contra a cada vez maior escasez de pesca, pero Galicia xa sufriu dabondo o estragamento da costa e do seu interior.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Non foi Touriño quen dixo que "estragar o territorio é a mellor maneira de estragar o emprego"? ¿Aínda estamos coa leria de que os postos de traballo xustifican a aniquilación dos recursos, o expolio do noso patrimonio natural? ¿Ata cando? ¿A onde nos vai levar tanta cobiza? ¿Que ten que ocorrer para levar á práctica dunha puñetera vez o tan cacareado desenvolvemento sostible? ¿Un cataclismo? ¿Mil mareas negras máis? ¿É que aínda non superamos a fase de "quen contamina paga"?
Pois non, señores, non hai cartos que paguen a destrución nin multas que reparen os danos, por moi multimillonarias que sexan.
A terra é de todos, non só dos que a saquean.

Anónimo dijo...

no entiendo nada, ¿por qué touriñán no, y ponzos sí? estoy con vosotros, ánimo!!!

Anónimo dijo...

Pescanova (unha compañia de moi poucas credenciales ecoloxicas) esta a facer unha das campañas mási duras posibles contra o goberno galego, quen segue a subencionalos.

Son uns chantagistas e uns esquilmadores. Como teñen pensado esgotar todo-los bancos mariños do mundo mundial agora pretender cargarse tamén as nosas costas.