O BNG pide ao Goberno que se posicione sobre a piscifactoría de Ponzos
De Diario de Ferrol (06/02/2007)
O voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez, presentou unha pregunta ao Goberno na que pide ao Ministerio de Medio Ambiente que faga pública a súa posición ante a posible afectación da costa ferrolá da zona de Ponzos (Covas) pola instalación dunha piscifactoría.
Rodríguez lembra que existe intención por parte dunha empresa familiar galega, o grupo Isidro de la Cal, de asentar unha planta de engorde de rodaballo na costa próxima á praia de Ponzos, "un lugar -subliña- que está dentro da Costa Ártabra, espazo de interese comunitario".
Neste sentido, o deputado nacionalista salienta que "á marxe de que sexa a administración autonómica a que confirme se cabe esta explotación de acuicultura dentro do plano sectorial de parques de tecnoloxía alimentaria", o Ministerio de Medio Ambiente terá tamén que informar por ser competente no dominio público marítimo-terrestre.
O parlamentario pregunta pola súa posición ao Ministerio, e sobre cal é o nivel de protección desta zona e cantos proxectos de parques de acuicultura en Galicia están pendentes de informe na Dirección Xeral de Costas.
2 comentarios:
Eu botaba de menos o posicionamento do BNG ante o anuncio da posible construcción dunha piscifactoría en Ponzos, máxime cando xa se pronunciaran abertamente EU, e o candidato socialista a alcaldía de Ferrol.
Alegrome que se unan a todos os que estamos en contra deste atentado hacia o medioambiente, e nos axuden a conservar un ben que e de todos e poderíamos perdelo.
maría, é moito dicir que o BNG se posicionou. en contra? a favor? a min non me queda claro. a nivel local non dixeron nin pío. iso sí, o señor rodríguez o goberno ou quen for a ver se nos aclaran o estatus ambiental de ponzos.
por certo, un mandamais de bruxelas veu dicir que de seguir adiante o tema touriñán a UE actuaría. aviso a navegantes.
Publicar un comentario